quarta-feira, 14 de maio de 2014

Meu amigo Domingos, transformado.



  Da horizontal, onde prostrado estabas,
á vertical. O corpo apetecía
brincar do abismo da tetraplexía
ergueito e ben lanzal. Pero soñabas.

  Pero soñabas que recuperabas
rotinas, camiñar, a regalía
de disfrutar das pernas cada día.
E, de repente, preso, despertabas.

  Despertabas tolleito, quebrantado,
mozo que foras bravo, ben cumprido,
á condición de escravo reducido,
a cadeira perpetua sentenciado.

  Rompeches ligaduras, sublevado;
porque de intelixencia ías servido,
meu amigo Domingos, transformado.


 (Rioderradeiro)


1 comentário:

Domin Guerra disse...

Domingos Dosil era, ademais dun municipalista convencido, un namorado de Muros, que puxo en valor as nosas propias especificidades, o noso inmenso e variado patrimonio artístico, cultural, etnográfico, histórico e natural, pois sabía, que constitúen elementos básicos, para construír un futuro mellor.

Por certo, grazas Manuel María. Gracias Rioderradeiro. Gracias Mestre.