Esta vida é capítulo imperfecto;
pódela
resumir en case nada.
Que é
a morte? Unha falta de respecto;
entra
sen avisar, sen ser chamada.
Víate invulnerable, ou parecías,
e, sen
embargo, foches vulnerado.
Críaste
dura rocha. Fantasías
de
heroe, en fin, nun corpo de prestado.
Non me esquezo de ti. Estás presente,
espírito
inmortal, na miña mente.
Non
ignoro quen son, nin que soporto
pesadelos
de ausencia. Vivo absorto…
sumando señardades. Tanta xente,
na badía
do alén, nesoutro porto,
a preguntar
por min constantemente.
(Rioderradeiro)
1 comentário:
Imos indo, tal como anda o mundo...... sin pesares !!! apertas
Enviar um comentário