segunda-feira, 23 de julho de 2012

De irredento cabreado.

Añadir leyenda

  Como recobro as razóns

da proba cargada en fun

“cogito (máis) ergo sum”,

descartando as ilusións?

 

  Por que lle apunto a quen son

as cousas que nunca quixen?;

por que esas sombras me aflixen,

enloitando o corazón?

 

  De volta, en camiño andado,

a cegas, por apalpado,

quen non soubo acometer

 

  A vida como pracer,

polo vieiro apropiado,

é  incapaz de comprender 


  Diferente  proceder 

de irredento cabreado.


   (Rioderradeiro)


Añadir leyenda

Noutro caderno rival.



  Por un detalle insultante
servidor dunha malicia,
apodérase avaricia
do corazón arrogante.

  Basta na vida un instante
para corromper caricia,
tórnase ao punto estulticia,
porque aparenta importante.

  Simple detalle final:
do caderno orixinal,
contracorrente sacando,

  As horas vanse adaptando
con tintes de carnaval,
decontino ilas copiando...

  Noutro caderno rival.

           (Rioderradeiro)