
__________________________________________________________________________________

Os do pazo, os do pazo…
Os do pazo pacen ben:
Antes, porque manda Franco;
Hoxe, sen Franco, tamén.
Polo si ou polo non,
¡quirieleisón !
Despois de domar España,
Faltáballe ennoblecer
Nun pazo de gran prosapia,
Con divisa de cuartel.
Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!
E a par de guerreiro, santo;
Pois el santo quixo ser,
Nas igrexas, venerado,
San Francisco Franco. ¡Amén!
Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!
Os do pazo, os do pazo…
Os do pazo xa vos ven,
Coma entón, axeonllados,
Nas capelas do PePé.
Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!
Os do pazo, os do pazo…
Os do pazo pacen ben:
Antes, porque manda Franco;
Hoxe, sen Franco, tamén.
Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!
(12/09/07)