Da horizontal, onde
prostrado estabas,
á vertical. O corpo apetecía
brincar do abismo da tetraplexía
ergueito e ben lanzal. Pero soñabas.
Pero soñabas que
recuperabas
rotinas, camiñar, a regalía
de disfrutar das pernas cada día.
E, de repente, preso, despertabas.
Despertabas tolleito,
quebrantado,
mozo que foras bravo, ben cumprido,
á condición de escravo reducido,
a cadeira perpetua sentenciado.
Rompeches ligaduras,
sublevado;
porque de intelixencia ías servido,
meu amigo Domingos, transformado.
(Rioderradeiro)
1 comentário:
Domingos Dosil era, ademais dun municipalista convencido, un namorado de Muros, que puxo en valor as nosas propias especificidades, o noso inmenso e variado patrimonio artístico, cultural, etnográfico, histórico e natural, pois sabía, que constitúen elementos básicos, para construír un futuro mellor.
Por certo, grazas Manuel María. Gracias Rioderradeiro. Gracias Mestre.
Enviar um comentário