segunda-feira, 17 de novembro de 2008

NERÓN-TRAVESTÍ.




¡Din de Nerón unhas cousas..!:

Disque baila o Chiquichí;

Disque xoga nas camposas,

Disque nun leito de rosas…;

Disque xa non tén pipí,

¡Milagro do bisturí..!


Disque o raposo é raposa,

Disque unha ameixa babosa:

Disque Nerón-Travestí,

Disque fai de calcetín,

Disque envaiñando pelotas

Na barra, de bailarín...



Na lingua das mariposas

Deseñadas por Dalí.


Sem comentários: