
(Wikipedia)
A dorna, coma un berce,
no seu vaivén,
arrolada por vagas
que non se ven...
Calma chicha en Meixide;
a treu,
come o mascato xoubas,
o arroaz, bocareus...
-Xa o vendaval despunta!
Alguén
ceibou de cara á popa,
se cadra, sen querer!:
-Reclámannos da casa..!
-Non pode ser,
con tanto peixe á vista,
deixalo de coller!
-Son de pescar con rede
a xouba e o bocareu;
nós practicamos artes
da brinca con cordel;
cando avistades peixes,
eles tamén vos ven.
(Este patrón da dorna
non sabe ler;
os manuais de pesca
non contaron con el;
practica a ciencia infusa
do dereito ao revés).
-Rumbo á ría, rapaces!:
levantade o rizón!,
izade a vela axiña!,
ponde a caña ao timón!;
mañá será outro día,
se o tempo cambia a cor.
Come o mascato xoubas;
o arroaz, bocareus.
Xa o vendaval empurra.
Deixémolos comer.
A dorna, coma un berce
con máis vaivén,
pon proa a Monte Louro;
á vista, As Lens..!
(Rioderradeiro, Vigo, 26-6-05)

(Cruz das Lens, Ancoradoiro, Louro)
Sem comentários:
Enviar um comentário