
(Wikipedia)
A dorna pequena dorme
de noite no areal;
sempre coa panza arriba
para mellor descansar
da súa vida mariñeira...,
do vendaval.
Por bautizar esta dorna,
repasei o santoral:
quixen pór San Antoniño;
escribín San Antonán.
Co seu nome trabucado,
que mal nos vai!
Os badexos cando a axexan
remedan figa ao pasar,
porque din que, polo aceno,
a dorna non vai pescar
nin xarretas, nin xurelos…,
peixe do mar…
San Antón nos asista!,
san Antonán!
(Rioderradeiro)
Sem comentários:
Enviar um comentário