Proba esta tez
do vento, que é ramaxe,
A nube
desvelando a mala cara;
Ninguén sabe
se empurra ou se dispara
En vaga invertebrada
na paisaxe.
Ninguén sabe
intención desa oleaxe
Que inflama e
medra onde inventara
A chama de fogón
cando repara
No lume
pedernal doutra liñaxe.
A flama sobrevive
derramando,
Por onda discordante derretindo,
A nube a desalmar
reconvertindo
Na desleigada voz
do vento airando
Que infiel solfa infernal foi transferindo;
Firma fortalecer configurando...
Conforme co fragor, interferindo.
(Rioderradeiro)