Sabes, amor,
contigo, amar agora
É dicirlle ao
reloxo que entreteña
O tempo da
impaciencia que se empeña
En triturar o
día e maila hora.
Sabes, amor, abeiro na memoria,
Que é
lumeiro sen fume e fan da leña,
Alimenta a paixón pra que reteña
E retrase o
final da nosa historia.
Sabes, amor,
quixen bailar contigo
Unha danza de
eterno namorado;
Nunca puiden saber
por que, encelado,
Tenta Crono de ser fatal testigo:
Foxe a vida
sen pausa, en plan castigo;
Pois o tempo
pasa, coma empurrado,
Pola pel da
paixón…, coma inimigo.
(Rioderradeiro)