quarta-feira, 12 de abril de 2017

O tempo do deber, reverdecido.

Foto de Antonio Rey.
"San Xián de Torea, sempre na miña mente. Saúdos dende Bos Aires." (Antonio Rey‎)

  Naciches no ultramar; o mal de ausencia,
agasallo de REI sen monarquía,
contributo saudoso á túa herencia, 
foi dor de antergo en ti, por regalía.


  Dictárache o sentir, que vén da infancia,
seres de aquí e de alá –dicotomía-,
porteño-toreán –concomitancia-,
galego de nación, por bonhomía.

  É tempo dun saber polo sabido,
é tempo dun servir polo servido, 
é tempo dun soñar polo soñado,
é tempo dun sufrir polo sufrido…

  É tempo do vivir reivindicado,
é tempo de esperar pola esperanza,
é tempo, amigo ANTÓN, dunha mudanza:

  O tempo do deber, reverdecido.


     (Rioderradeiro)

Sem comentários: