rebelde
e clerical á vella usanza,
un Quixote na pel de Sancho Panza
a
cabalo dos sons a cada instante.
Un
ente insatisfeito a dicir basta,
restaurador
de oficio e de desvelo,
denodado
lector de Maquiavelo,
retranqueiro
sorriso, a media hasta.
É
Manolo de América alpinista
polos
cumes da curia palatina,
convidado da dura disciplina
perpetrada en desmáns de pianista.
Ao
paso que derrama a voz de artista,
bota
o tempo a rodar pola cantina;
relucinte
tenor, bravo activista,
Álvarez
-pola nai- que ben atina!:
Desafoga
no Lago unha rutina.
(Rioderradeiro)
2 comentários:
Qué descrición tan excelente e qué belido poema! Para quen non o coñeza, non deixaches detalle da súa persoa sen nombrar, usando tan fermosas verbas.
Nellie Lago
Sempre nos deixa alelados, graciñas mil
Enviar um comentário