Refectorio do Colexio,
todos ben condecorados,
de vellos tan conservados,
vive Deus, que amigos vexo!
Ata este peito tatexo,
que no corpo anda atrapado,
semella máis apropiado,
vive Deus, que o seu pelexo!
Cantos amigos, Deus Santo,
recollidos xa na Gloria!;
canto esquecido na noria
do tempo que rouba tanto!
Fágase a luz no recanto
do corazón da memoria.
Gocemos, hoxe, no entanto,
colexiais, xuntos na historia.
(Rioderradeiro)
(Rioderradeiro)
Herbón conserva o que labra
-quen te viu e que te (ad)mira-,
canta a palmeira e conspira
con apresada palabra.
Ulla baixa presumindo,
remansa, bica convento,
fai no inverno casamento
contra natura invadindo.
Antonianos estudantes
traducen versos latinos;
polos claustros, peregrinos,
contumaces musicantes...
contumaces musicantes...
Oubean, recalcitrantes,
solfexando desafinos.
Ulla escoita aos diletantes,
arranxa Herbón desatinos.
(Rioderradeiro)
infatigables na arela.
Adolescencia sinxela
a pescudar, xenerosos,
o mundo dos cobizosos
albiscado por xanela.
Herbón selou canto (im)puxo,
tamén nos deu canto tiña;
chantou na chama
esa espiña
que furga en ti coma un luxo.
Pola saudade camiña
vella doenza que, bruxo,
cravo candente adiviña.
(Rioderradeiro)
2 comentários:
Nas duas primeiras fotos apreciase, ao primeiro golpe de vista, cómo a Orden, a moi venerabel Orden 3ª, desordeada de corpo e Alma, ésta morta ha poucos días num descuido do Guardián, virou a um desconcerto de 1ª.
Chamarlle ao que aí vemos refectorio, confirma a desfeita, e cobra sentido aquele verso de Carilda:
me desordeno,amor, me desordeno.
Habemus cirium.
¡Que despistado está este bemsalgado do demo! Eran postulantes da 1ª, nin máis nin menos. Anda, home, respasa os teus apuntes.
Enviar um comentário