Pode o tempo abrigar doente espera,
pode acaso seguir
calado airoso,
pode iluso sentirse
ata ditoso,
pode incluso vagar pola quimera;
Que o candor do teu ser é poderoso
coma flor no xardín da primavera;
coma flor no xardín da primavera;
que o valor de vivir só persevera
coma alicerce en prol do primoroso.
coma alicerce en prol do primoroso.
Que rebente, por fin, pel reprimida,
máis ardente o pracer, máis alma espida,
ventureira, veraz, crebando veda;
Que agrande o teu querer, brindes á vida,
ao sangue redentor que a carne aleda;
que triunfe o corazón de canto enreda…
****
Cando abeberes nel serás benvido,
cando te albergues nel serás vencido
por narcisista espello en almoeda.
por narcisista espello en almoeda.
(Rioderradeiro)
(Wikipedia)
(Wikipedia)
1 comentário:
Graciñas Manuel Maria, coma sempre fermoso
Enviar um comentário