Patacas, prebe en pemento,
E probando o pensamento....
De vella dinlle cabala,
Rincha máis
cando é pequena,
Danza xarda azul, empena
Colleita con cana en cala.
Trabada a traición embala,
Destra en sinistra encrequena,
Na pel do mar ten condena,
Con brinca en tanza recala.
Tralo corricán, en bala,
Aborda o peirao, acena;
Logo, o pescador serena
A gula que augura en gala.
De vella dinlle cabala,
Rincha máis
cando é
pequena,
Danza xarda azul, empena
Colleita con cana en cala.
Patacas, prebe en pemento,
E probando o pensamento....
Patacas, prebe en pemento,
E probando o pensamento....
(Rioderradeiro)
1 comentário:
Em can-a-ela, nom sei. Frixidas em tixola, p'ra morrer.
Bon appétit
Enviar um comentário