segunda-feira, 19 de setembro de 2011

-Recunque o rei na raíña!

  
  Sabe Deus que a monarquía
asenta en campo rapado;
cre o rei que o seu reinado
retella ben tolería.

  Sabe a Corte a cortesía
de ir a por fume ao furado;
cre o común, confortado,
conformar ben fantasía.

  Fervor do dedo en vinagre,
saír do cu da galiña,
nun “tencontén” canto tiña:

  -Ovo azul, quen te consagre!,
-tres xemas, santa gaitiña!,
-tres ouros!, puro milagre!

  -Recunque o rei na raíña!

(Rioderradeiro)

5 comentários:

bemsalgado disse...

Outro mais enriba dela, é o que ten o infortunio de sere helena e santiña.

Καλημέρα Σοφία, sonche todos umas luras, que agora perseguem galiñas. A onde se pode chegar cando um perde a pluma.

RIODERRADEIRO disse...

Hoxe, polo visto, andas un chisquiño enigmático.

Desde Vigo, apertas.

bemsalgado disse...

Pois non cho podo aclarar moito, porque eu tampouco me entendo.

Sendo así, Kali Mera Vigo, Kali Mera Cangas. E non esquezo Redondela.

Por certo ¿onde esta a Ferro-Station de Guixar? ¿É nova?

RIODERRADEIRO disse...

Preguntarei, porque tampouco cho podo esclarecer. Culto que é un en non saber estas particularidades que sempre nos permitirían viaxar mellor polo universo olívico...

bemsalgado disse...

Polo menos esclarecesteme o aclarado, que é a penúltima estación pola que paso antes de chegar á do centrifugado para rematar colado.