terça-feira, 20 de setembro de 2011

De dar conta de ti ben de contado.

 
  Esta pel de existir calza o teu sino
e rilla solitaria o pan da pena,
esta pel do vivir calza a condena
do calvario na cruz do teu destino.

  Esta dor de existir, fogo intestino,
chacal que te devora e te envelena,
esta dor do vivir carne encrequena
e amedrenta a ilusión con desatino.

  Esta pel de existir, lume atrapado
-carcoma en alacrán-, con tal presteza,
xoga a carta cabal coa cabeza:

  Esta dor do vivir tan desleigado
consome o corazón coa certeza
de dar conta de ti ben de contado.

           (Rioderradeiro)


1 comentário:

bemsalgado disse...

A estación de Guisar, para o tránsito intestinal doméstico, é o que vulgarmente coñecemos como cocinha, antes lareira. E á pele do porco sempre se lhe chamou torresmos, depois de comentemente pasados pola tixola.

Non se trata diso, no caso da miña consulta, senon de GUIXAR, que non sei de onde ven nem para onde vai pero, agora sí, xa sei onde está.
Mais perto de ti ca de mim, pro como as noticias fabricanas muito lonxe de ambos, naturalmente aquí chegan antes, pola vía láctea tambem conhecida como Caminho de Santiago.

Por si precisaras utilizala, toma nota.
Está antre a Praça de Compostela e Teis nalgum ponto intermedio na beira costa. E Vitrasa (Vinhos Trasegados S.A.) está disposta a trasladarte coma un bocoi cualquer desde onde moras ás suas portas pola liña C2, acotío, e em días de folgar, pola C5, senon che cortan o alento os “Defensores do Tren”.

Bemvindo abordo monseñor Derradeiro.

PD. Uma derradeira cuestión:

¿Por qué os blogs AireNaEira e FariñaEfarelo, aparecem na minha páxina como calados desde ha dous anos, cando seguem a ter voz rexa, empregada como fíos de seda dental, que dan conta dun bem decontado, e non como cordas vocais abrazadas a uma bita?

¿Misterios da multipolaridade?