Como te atreves, Sol, a darme as horas,
se sabes que das horas vén collido
o tempo de vivir comprometido
co tempo de matar a luz nas sombras?
Como te atreves, Sol, que me devoras,
a acreditar calor no meu baldío?;
por que forzada lei cortas o fío
e tornas a enfiar? Por que me asombras?
E, sen embargo, Sol, eu sempre espero:
outra aperta, outro adeus, outra mirada;
bolboretas, meu Deus! -solpor medoño-
Ou!, candil daquel lar que tanto quero:
máis arrolos de nai, cantos da fada
mensaxeira estelar na flor do soño.
(Rioderradeiro)
3 comentários:
¡¡¡QUE BELO!!!
¡¡¡QUE BELO!!!
¡¡¡QUE BELO!!!
¡TODO!
¡Que fermosa a súa Nai!. E ¡que bela foto!. Que Deus bendígaa e téñaa na súa gloria.
E que fermoso vostede, que escribe con tanto sentimento.
Candil do lar que tanto queremos por vivir o tempo con lentos reloxos que contaban as horas lentamente...
Lembrar unha imaxen i agora ver nela o paso da vida,garda a beleza e dulzura.
Enviar um comentário