(Para cantar, se apetece: "Se o mar deviñese en leite…")
*
"Os do Son?
-Sooón!
-E que son?
-Son ladróns!
-E que rouban?
-Rouban betas e rizóns."
-"Se o mar se fixese leite
e Monte Louro, boroa,
terían de comer sempre
os bolicheiros de Noia."
Arribou no Outeiriño
o barco que veu da Vouga:
-Pídoche lance, Beluso..!
-Bota o aparello na Roda..!
"-Se o mar se fixese leite
e Monte Louro boroa…"
E o aire atrapa o sorriso
que labrou coa súa man…
-Creo que a pesca da tarde
mellorará á da mañá..!
"-Se o mar se fixese leite
e o Monte Louro, en boroa…"
A rede máis ficheiriña,
que xa a largara na Cova,
empeza a botala axiña
na banda do mar de fóra…
"-Terían de comer sempre
os bolicheiros de Noia…"
Peixes de tódalas cores,
ata en marisco hai fartura!
-canta Pepe Mulo, e, a coro,
a leda tripulación
que Pepe Mulo tripula…
"-Terían de comer sempre
os bolicheiros de Noia…"
-"Se o mar se fixese leite
e Monte Louro, boroa,
teriamos de comer sempre
os bolicheiros de Noia."
**
"Os do Son?
-Sooón!
-E que son?
-Son ladróns!
-E que rouban?
-Rouban betas e rizóns."
1 comentário:
esto e de facer cancion !!!
Enviar um comentário