terça-feira, 4 de novembro de 2008

CASA PATRUCIA

CASA PATRUCIA
(MIÑA CASA, MEU TODO)
_________________________________________


Cobre o alento outra nostalxia desolada,
Outro mar, outra pena ¡tan fonda...!

Hoxe regreso a ti do confín doutros mundos.
Ben te teño, onda min, miña casa patrucia:

Véxote renacer cada vez, más senlleira
E máis len,
Do sitial da memoria.

¡Ouh, meu lar, miña casa, meu todo..!,
Xa, cos ollos carnais, albiscarte non podo;
Cégame tanta luz, ¡tanto amor!

¿Como tornar a ti, con estas mans baleiras,
-Coa vida engastada-,
Daquel mar, desa terra?,

¡A esta casa...!;
Cangado
Cunha pena ¡tan longa..!

(14-4-06)

ÍA POLO MAR ABAIXO.

[Lancha_Mazarico_Restaurada_Manuel_Lestón.jpg]
(http://singraduradarelinga.blogspot.com/2006/12/)

  Esa lanchiña do xeito
ía polo mar abaixo:
roubáralle o vento a vela,
e a vela arrincoulle o mastro
onde o mar quixo escondela.


  -Coitada lancha do xeito,
miña lanchiña gaiteira,
canto cobizas a túa ribeira!



  Esa lanchiña do xeito,
de nobre carballo feita
por destra man carpinteira,
amañeceu, quilla ao pairo,
entre Vilano e Fisterra.



  -Coitada lancha do xeito,
miña lanchiña gaiteira,
canto cobizas a túa ribeira!



  Ía polo mar abaixo:
Falta a xente da cuberta…,
nin na tilla…, nin no rancho…,
e o mar non deu razón dela!
Cómpre acreditar no tempo..!



  -Coitada lancha do xeito,
miña lanchiña gaiteira,
canto cobizas a túa ribeira!




  Cando o mastro vexa o día
e pregunte pola terra,
eu penso que ha reclamarlle
o seu tributo á marea,
e o mar, como sempre fixo...,
purgará a súa conciencia.




  -Coitada lancha do xeito,
miña lanchiña gaiteira,
canto cobizas a túa ribeira..!


  Coa tripulación, o mastro, e a vela!


(Rioderradeiro, Vigo, 23/06/05)


Resultado de imaxes para: LANCHAS DO XEITO

FLOR DA CAMPÍA






FLOR DA CAMPÍA

___________________



Miña flor da campía,
No sei como te chaman;
Dime o teu nome axiña,
Necesito a palabra.


Necesito a palabra
Para dicirche miña,
Logo de escriturala
No rexistro da vila...


No rexistro da vila;
Que non veñan roubarma
Vulgares roubavidas
De flora e fauna...


De flora e fauna...:
Ladróns das catro esquinas
Locais e planetarias,
Acochados na fila


Das xentes cándidas...


Miña flor da campía,
Regálame a palabra
Para dicirlle miña
Á túa alma.

(Muros, 4-7-05)

MORTE.

MORTE.
___________________________


Preme na noite
O derradeiro alento fuxidío,
Preme,
Esgaza en mil anacos
No furado saco do tempo...



Noitebra a esbarar nos misterios
Do eterno esquecer...



E a pregunta:

¿Agromará noutras vidas
Este alento cativo?


(Anos 90)

MULLER CON PIPÍ

MULLER CON PIPÍ
__________________________


De todo canto oín,
O mellor disparate,
A muller do pipí
Batendo un chocolate.


(11-3-06)