segunda-feira, 15 de junho de 2015

As portas de Xericó.


  (Antón Lameiro)

  Non ha xogar sorte aos dados
nin tampouco ao dominó;
en prego para atestados,
deseñou pasos contados,
versallescos, controlados
polo estilo rococó.

  Tódolos desconsolados
ficarán condecorados
nas agullas do "reló".

  ¡Vive Deus!, tempos maduros
non poden romper máis Muros
nin portas de Xericó.



              ******************


Non o receita un galeno.
____________________

  
  Nunha nota marxinal
guindada contra dereito,
apuntou cuarteto ao peito
da Casa Consistorial.

  ¿Demencia en dose letal?,

¿un contubernio a barbeito?,
¿vendavalada no teito?;
¡pinchacarneiro total..!

  Galano en Municipal,

unha manobra sen xeito,
unha monada de feito,
vestida de carnaval.

  O mel que oculta o veleno

non o receita un galeno.

 
  (Rioderradeiro)