domingo, 8 de dezembro de 2013

Tanta nostalxia devora.

    "Esmorga" en Nova York.

Fraternalmente invitada,
chegou, e foi triunfadora,
compartiu mesa integrada;
regresou, linda señora,
coa memoria que fora
por unha bágoa enloitada,
por unha pena enlazada,
por  unha aperta que a/FLORA,
tanta impotencia invasora,
tanta doenza envaiñada,
tanta nostalxia devora,
recalcitrante arestora,
que ata aparenta inventada,
coma tortura…,  traidora.

(Rioderradeiro)


A vivir do que soñaron.

    Presidente do Centro Galego de N.Y..-" A Casa Galicia (de N.Y) ten 
    hoxe a honra de deixar de ser por un día Casa Galicia para converterse 
    na casa de Muros... (Jorge Lago de Pexegho)

                         
Muradáns-ianquis charlaron,
divinamente comeron;
coma galegos, souberon
resaltar canto gardaron
do paraíso; cantaron
na propia lingua, e bailaron;
-¡festa rachada!- beberon;
apertas-ponte tenderon;
e, trala euforia,  tornaron
ás propias vidas; volveron
baleiros, pois padeceron
o efémero que disfrutaron;
unha vez máis aprenderon
a vivir do que soñaron.

(Rioderradeiro)