quarta-feira, 6 de março de 2013

Chávez, valor permanente (in memoriam)


En vida non se abrandaba
este valente soldado
pola parca arrebatado
cando más firme avantaba.

Soldado -insisto-, cimeiro,
un león contra mil feras,
cordeiro polas maneiras
do seu perfil misioneiro.

Exemplo de cabaleiro,
amigo que bravamente
te reforza e te concerta;

o corazón por abeiro,
paradigma sobranceiro,
posta a palabra en aperta;

Hugo, profundo e potente,
Chávez, valor permanente
Da causa que segue aberta.
  
(Rioderradeiro)