terça-feira, 2 de dezembro de 2008
NUN LUPANAR CANTONÉS.
Remata en medalla LELO;
Prata, Llaneras-Tauler…
Da febre do xarampelo,
IMPER cobrou nun espello
Tres ouros que valen cen….
Medallas e máis medallas,
Máis medallas de papel,
Para, despois de entregadas,
Ir o NERÓN profanalas
Nun lupanar cantonés…
__________________
________________________
NA CORTE DOS PAPAGAIOS.
Para na SALA enCOLAr.
¡VIVA O HUMOR ANONÍMO!
Circular, que circulaba
A LETRA por VALDOVIÑO,
Lourenzo pola montaña…,
O narizudo Feixóo
-As dúas mans nos bolsiños,
Traxe, esquinado, burlón-,
No deseño e no guión,
Afiando o dentellón
Co LápizFeroz do SALAS…
Aporías de Touriño,
Tribulacións de Quintana,
Pola ROTONDA, bo viño;
Polo CHISCO, moita cara ..!
PREOGOEIRO DOS MEIGALLOS.
O desemprego dos calvos
Malhumoroulle a calceta:
Pola fe na camiseta,
Combinación do calzado,
Pantalón moi entoado,
Ben consonte co cotarro
En crise trala bragueta
Desilusión dun pecado,
Ignorando o que interpreta,
Lápiz-Feroz de viñeta,
Liliputiense en cometa,
Pregoeiro dos meigallos…
Ao xarope das viñetas,
Engadiu dous espantallos,
¡Tan SALAdoS...!
POLO LÁPIZ AFIADO.
VIÑETEIRO A GRANEL.
LÁPIZ-RENOVE TATEXA.
Que o humor sempre RENOVE
O telo polo has de ter,
Coma soe acontecer
Coas ganas de comer
Bo marisco en casa pobre
A véspera de morrer.
Chame a esa porta a Porteña,
Levántenlle o tarabelo,
FRANQUEE Lápiz ou Lelo,
E o Nerón poña o mantelo,
Demagóxicas, na mesa,
As viandas, sen cabeza.
Bardalleiros, pura envexa…,
Non os cura ningún crego
Con ensalmos nin con credos.
¡INNOVACIÓNS para cegos!
Lápiz- RENOVE tatexa.
O TREN SEMPRE FOI DE ESQUERDAS.
As obras que o Nero espalla
Sonche as de misericordia:
Escribidor con borralla,
Procurando a desmemoria
Por encargo de Pandora,
A cotío, pluriemprego,
A treu, cantares de cego
Recita, canta, embebeda
Coa gracia virtual
Dun copista orixinal
Folclórico "a la Gallega"
Que ignora por que ela vai
Pola vida de Porteña.
Por esa espiña dorsal
Da Galiza milagreira,
Sempre a dereita a frear,
E en vez de correr, gatea
O TREN que habemos gañar
Sobre a opresión da ralea.
Xa aquel Curros liberal
O plasmara no poema…
SALASFEROCIANO EN PIPA.
HUMOR DE TRILOBITE.
Oficiar coma carneiro,
Ser mascota de palleiro,
Ser un mastín paspallán,
Ser nas portas cancerbeiro,
Ser nas capelas faldeiro,
Ser nas Salas gañapán,
Ser nas viñetas mal cheiro,
Ser nas vinganzas rapaz,
Ser en todo pouca cousa,
Ser en nada orixinal,
Un ente, ser unha lousa:
El é moi quen de enlousar,
De trilobite, nas portas.
¿Ú-lo humor que o Lápiz fai?
COMO REZA O MANUAL.
INOPIA, máis que palabra
Entre Francia e Portugal,
Vén sendo pro mestreSalas
Entelequia talismán:
Ollomol, linguado ao forno,
Que lle presta o Guadiana
No fluído intestinal
Cando o vocablo desdouro,
No canto dun adival,
Sobre o pelexo do touro,
Pon refugallo imperial
E non na Caixa de Aforros
Os máis prezados tesouros,
Como reza o manual.
Mirando cos pés de plomo,
Este peixe cheira á ASnar.
con plumas de sumidoiro.
Subscrever:
Mensagens (Atom)