sábado, 2 de setembro de 2023
PEPA SESTAYO
Pedestal, Muros-Coruña..!
________________
Vivaz, reivindicativa,
poliédrica mensaxe,
proposición, maridaxe
descarnada, en carne viva.
Aquel florete-pincel
quixo esgrimir, na linguaxe
do corazón, a coraxe
das mulleres sen cuartel.
Certamente, atesourou
talismán por testemuña:
talante con quen tratou,
talento no que compuña...
Feminismo de plantel
nunha dama con cartel...
Pepa Sestayo trunfou:
pedestal, Muros-Coruña..!
(Rioderradeiro)
Subscrever:
Mensagens (Atom)