segunda-feira, 1 de fevereiro de 2016

Bendito can de palleiro..!



(Anaghata. Asociación animalista)


   Vas recibir, sen ter dado,
adoptando un compañeiro
agarimoso, argalleiro,
contra a tristura, apropiado;
cando llo indiques, calado;
sen llo pedires, porteiro;
en campo aberto, aplicado
explorador pioneiro;
sempre gardián de poleiro,
fronte ao raposo, arriscado,
coma vixía apostado,
a pé do lar, cancerbeiro.

   Gloria a quen foi desprezado,
bendito can de palleiro..!


   (Rioderradeiro)