quarta-feira, 18 de dezembro de 2013

Devólvelle o seu papel,


(http://lapollaenverso.blogspot.com.es/)

 Se subastas esa polla
de verso abrupto, algo solto,
-que un fondo abutre a recolla!-,
queda o poema revolto
como caída de folla.

  Non auguro comprador

para cigarro, ou ladilla;
quizais asilo en boquilla
dun adicto fumador
pendente dunha "colilla".

  Retira xa o teu cartel;

por favor, recapacita;
pensa que o SE VENDE irrita;

  devólvelle o seu papel

de consumar sen cuartel
á polla, que o necesita.

   (Rioderradeiro)

Do Capitán Alatriste.


 (Wikipedia)
   
  Un glorioso capitán
e Patricio Lacazán,
retornado coma indiano,
só recibiu por galano
medalla de fibrapán.
Preservoulla D´Artañán
nun cartafol de secaño.

  Argonauta de pantano,
mareante con alpiste,
tomando en serio algún chiste
inspiración do dïaño,
de espadachín se reviste,
bravo aceiro toledano,
o Capitán Alatriste.

  O Capitán Alatriste,
emulación de Quijano
-xamais vulgar partisano-,
exhalación daquel quiste
onde O Goteira persiste,
coma Fidalgo de antano,
flatulento puritano:

  De cheiro se calza..., e viste.



    (Rioderradeiro)


(Wikipedia)