sexta-feira, 7 de abril de 2017

Vivas do vendaval, da brava bruma.

Resultado de imaxes para te quiero sobre arena de la playa


  Escribes esas verbas sobre area
dentro dun corazón, para arroupalas;
ignoras que, co vento, anda a marea,
coma sempre, teimuda, en derramalas.

  Inscribes dúas almas, en cadea,
consontes en crecer encadeadas;
non sabes que arma o tempo unha candea
onde as mallas do amor son calcinadas.

  Deseñas o TE QUERO a voa pluma,
asinas con destreza ese apurado
xuramento de honor de namorado
ao socairo de ardor que brinda escuma…,

  ao abeiro da fe que se acostuma
a confiarlle ao mar o seu coidado.

  Vivas do vendaval, da brava bruma;

fendas de desamor no teu costado.

  (Rioderradeiro)

Coeur Dans Le Sable, Je T'Aime, Coeur, Sandherz, Plage

domingo, 26 de março de 2017

-“servindo ao Rei, coma un guante…”


Resultado de imaxes para CASCORRO

  Cabo raso, bravo infante,
combatente patriota,
heraldo de hispana frota,
francamente edificante.

  Estampa-almibre, flamante,
sen Lepanto e sen derrota;
conforme á causa remota,
de impar imperio importante.

  Xoga este heroe pelota
pola escuadra, militante;
ve de porteiro elefante,
dispara a gol con mascota.

  Saúdo eu, sorcho, garante;
colgo medalla na bota
de Eloy Cascorro coa nota:
-“servindo ao Rei, coma un guante…”

     (Rioderrradeiro)
Resultado de imaxes para rey cazando elefantes

segunda-feira, 20 de março de 2017

.- La ROSE fleurie d'antan.


(De Reyes Benoit)

 Son périple, un seul instant;
perpétuelle, sa promesse;
n'est pas fanée sa caresse
dans mes souvenirs d'enfant;
en dépit de ma détresse,
elle jaillit –hors la tristesse! –
 la ROSE fleurie d'antan.
 (Rioderradeiro)


(De Reyes Benoit)

sábado, 18 de março de 2017

.- Dunha beldade quebrada.


Foto de Manuel María Pena Silva.
                                  “Fomos ficando sós / o Mar, o barco e mais nós…” (Manuel Antonio)

  Soa, Vella, encrequenada
por pesadumes, por pranto,
por ter vivido quebranto;
quixérate o mar pintada,
desde ben nova, co manto
dunha beldade quebrada.

   (Rioderradeiro)

terça-feira, 28 de fevereiro de 2017

.- Abrindo a porta á parodia

Foto de Manuel M. Caamaño.

  Non lle espeta pau na roda
ao goberno trinitario
un contubernio ordinario,
senón solo hipotecario
que, en canto hai Pleno, pon poda
na portada dun diario.

  Non coce o pan cando a codia
non acobilla o miolo;
se non seguen protocolo
para amasar o molete
panadeiros de copete,
quen alimenta a prosodia?

  Peta na boca un filete
abrindo a porta á parodia…

   (Rioderradeiro)