
  Non lle espeta pau na roda
ao
goberno trinitario
un
contubernio ordinario, 
senón
solo hipotecario
que,
en canto hai Pleno, pon poda
na
portada dun diario.
  Non coce o pan cando a codia
non
acobilla o miolo;
se
non seguen protocolo
para
amasar o molete
panadeiros
de copete,
quen alimenta
a prosodia?
  Peta na boca un filete
abrindo
a porta á parodia…
   (Rioderradeiro)



