O neno que inda son segue agardando
Outra volta xogar á pitacega;
O xogo
da ilusión non se delega
Nunha
memoria a treu que ande encirrando.
O xove
que agostou vai procurando
Ao xove
que quedou trala refrega;
A seiva
non morreu, só se reprega
E vai
dentro de ti sempre empurrando.
¿Vellouqueiro?
-¡Maior! No neno
insisto;
Coma mozo
que fun, non me resisto
A deixarme
levar sen reforzarme:
Neno-xove-¡Maior! Quero
centrarme,
Porque
gardo razón e porque existo
Nas
tres caras á vez para salvarme.
(Rioderradeiro)