quinta-feira, 5 de novembro de 2009

RECOLLE O TEMPO O SEU FÍO




 















ENFIANDO A NOITE NEGRA.
       ______________________


  Memorias da Pallagueira:

merlos na Fonte das Pombas;

pombas nos piñais da Eiroa;

mallar o trigo na eira;

conversar baixo a figueira

a Faldreta e a Ramponia;

dores de parto a Ameixeira,

e de parteira a Liboria;

arrombar Aniña á porta

toxos de moitas toxeiras;

recitar Lourenzo a estrofa

de lostregar pola area;

o río, cara á Lagoa,

remansar na Lavandeira

por se libraren da roña

a Rula, a Rabuda, a Rela…

Cantar Norberto un corrido,

Carracá perder sentido

debruzado sobre a artesa.

               ****

  Rufina amolece a roupa

e golpea contra as pedras

coma se mallase o liño

con vergallo e man funesta

cen pecados de onanismo

consumados cando apreta.

                ****

  A luz despreza a ribeira,

o solpor busca o seu niño,

Birullos ou Ximiela;

recolle o tempo o seu fío

enfiando a noite negra.


         (Rioderradeiro)


Porque os meus ollos, teus ollos,




  Que a meniña dos meus ollos
peche os meus ollos un día;
que os meus ollos nos seus ollos
contemplen a luz, meniña.

  Porque os meus ollos, teus ollos,
ollos teus, meus ollos, linda…

 
       (Rioderradeiro)

quinta-feira, 25 de junho de 2009

Savia que fixo fada


*
**
***

Lonxe de envilecer a voz

co lixo das palabras…,


sangue que fixo flor,

savia que fixo fada,

por TI,

por min,

por NÓS,

nosa nai, nosa casa,

só cabe, insobornable, a dor

na linguaxe das almas.

***
**
*

 (Rioderradeiro)

PAIXÓN FREUDIANA.


(Desde MonteLouro, praia de San Francisco)



Se freudiano é o escribir


Versificando esta dor,


Que beneficio maior


Que aprehenderte..., revivir:


Ser teu no meu corazón.


*****


Son amante de servir


As espiñas do amor


Coas rosas do compartir:


No gozar e no sufrir,


Fermenta a miña paixón.