quinta-feira, 5 de novembro de 2009

RECOLLE O TEMPO O SEU FÍO




 















ENFIANDO A NOITE NEGRA.
       ______________________


  Memorias da Pallagueira:

merlos na Fonte das Pombas;

pombas nos piñais da Eiroa;

mallar o trigo na eira;

conversar baixo a figueira

a Faldreta e a Ramponia;

dores de parto a Ameixeira,

e de parteira a Liboria;

arrombar Aniña á porta

toxos de moitas toxeiras;

recitar Lourenzo a estrofa

de lostregar pola area;

o río, cara á Lagoa,

remansar na Lavandeira

por se libraren da roña

a Rula, a Rabuda, a Rela…

Cantar Norberto un corrido,

Carracá perder sentido

debruzado sobre a artesa.

               ****

  Rufina amolece a roupa

e golpea contra as pedras

coma se mallase o liño

con vergallo e man funesta

cen pecados de onanismo

consumados cando apreta.

                ****

  A luz despreza a ribeira,

o solpor busca o seu niño,

Birullos ou Ximiela;

recolle o tempo o seu fío

enfiando a noite negra.


         (Rioderradeiro)


Sem comentários: