sexta-feira, 24 de maio de 2019

Desde algures, de bedel.



  Xerardo, feito a cicel,
rocha ruda o seu perfil,
alma agreste de alguacil
intérprete dun papel
de pícaro, pueril.
  
  Xerardo, que gran cartel!
-extinta luz do candil-,
entre saias, sen cuartel,
todas a xogar con el
á pitacega..., ao pernil:

  Pertinacia en pirixel, 
rapazadas pola pel,
palpadelas co viril.

               ***

  Xerardo, xa de civil,
desde algures, de bedel...

       
          (Rioderradeiro)




Sem comentários: