quarta-feira, 24 de agosto de 2011

No muíño do mar, sempre en campaña.


Abrazo temerario ao gran da espiga,
Ardente por demais, mirada aberta;
¡Ai do rodicio que, roendo, aperta,
Axita e contorsiona a man amiga!

¡Ai do muíño inxel -Deus cho bendiga-!
¡Ai da fariña en flor, carne liberta!,
Desata o corazón, soña desperta
Ser saboroso pan con moita miga.

Caudal de acea, após frugal fazaña,
Devece proseguir e baleirarse
Na inmensidade azul, por dilatarse,

Perpetuo entrometer en pura entraña,
Por rede principal: Quere inmolarse
No muíño do mar, sempre en campaña.

(Rioderradeiro)


2 comentários:

bemsalgado disse...

Uma noite no muinho, uma noite nom é nada.
Uma semaninha enteira... uma semaninha enteira... uma semaninha enteira...
iso sí que é...

Van duas, e ¿U-la a farinha?

RIODERRADEIRO disse...

Faltan ganas de traballar a "inspiración" de cada día. Non hai outro motivo. Poñamos por caso, botando man dunhas migallas de optimismo, que se trata dunha baixa por tempo indefinido. ¿Quen sabe?

Coa consederación...