sábado, 29 de novembro de 2008

ESTOUCHE ENTANGARAÑADO.





Como dixo un papagaio

Co seu saber displicente,

-Grande xuíz, competente

No quefacer literario-,

“Perpetro”, no verso malo,

O máis horrible pecado

De rimar moi malamente

O descontrol co decente,

Ouro de lei con cascallo,

E por mor dun ocurrente

“Lingua azul”do tangaraño,

Se é que xorde o pareado,

Foxe de min espantado,

Espantado e insolente,

Que estou gafado e doente,

Que estou doente e gafado,

Que estou gafado e ripiado,

Que estou ripiado e doente:

Son “Matraca”, ¡pobre xente!,

Estouche entangarañado.

¡Manda madre, Impertinente!

¡Mándache moito carallo!

Sem comentários: