quinta-feira, 15 de agosto de 2013

Nin media gota en formol.

                                                                                                
Qué triste se ha vuelto el mundo!
¡Qué triste lo encuentro yo..!"
(Rosalía de Castro, "A mi madre"

O mundo que aleda ao triste
cunha raiola de sol,
cando troba rousinol
don Lourenzo con alpiste,
a negra sombra, que insiste,
entristece ao caracol;
a alegría só persiste
no imaxinario, un farol;
a ledicia non resiste
nin media gota en formol.

(Rioderradeiro)
                                                                           


Acuarela a Monte Louro.

Foto: O que vexo agora mesmo desde a casa.
Maria Teresa Mayo Freire: " Para que vexades que non vos engano cando digo que Tal é o balcòn da ría!! "


Todo Tal  pinta o balcón
recamado en prata e ouro,
Mayo Freire, un bodegón
e acuarela a Monte Louro.
    
       
       (Rioderradeiro)



Ficheiro:LouroBarbanza.jpeg
(Wikipedia)

quarta-feira, 14 de agosto de 2013

Como ninfa, a frotar sobor da área…



Como fada de tobogán, velea;

como ninfa, a frotar sobor da área… 

   (Rioderradeiro)




quarta-feira, 7 de agosto de 2013

Que nun convento é pecado.

   
   Foi chegar e desvelarme
do soño mal desprendido,
e, pola inercia impelido
ao punto de rebelarme.

  Foi chegar e decatarme
do tempo xa transcurrido,
un ano máis transferido
a sumar indo a restarme.

  Foi chegar e comprender
que o tempo tiña pasado,
como empurrado, a correr,
francamente desbocado.

  Foi chegar e devecer
-contraditorio querer
de adolescente avanzado-
soño benaventurado…

  onde incluír á muller,
que nun convento é pecado
mortal para o enclaustrado
por culpa de Lucifer.


     (Rioderradeiro)



Encontro Anual 2013 / exherbon.org

sábado, 3 de agosto de 2013

Aquela infancia tan pura.


  Non se cotiza a cordura;
leo que pechan convento
de san Antonio de Herbón;
a negra sombra murmura:
- quen propulse o argumento
maltrata sen compaixón.

  Por pacto contra natura,
entra en perigo este evento
que nos mantén ilusión
e reforza o corazón,
como atesoura a fartura
de apertas por alimento.

  Xa somos froita madura
a piques de perecer;
que non decline o querer
que, por xuntanzas, perdura:
recordar… , embelecer…
en refectorio aventura.

   Esta irmandade é segura;
consigo leva o volver
á aquela infancia tan pura. 


  (Rioderradeiro)