sábado, 2 de março de 2013

que a boca todo o controla.

Foto: Xa esta no forno
(Manolo Santero)

Feito o desplante á tixola,
Co salpicón de cebola
coroa tanto alimento;
pisca de sal, condimento
a recargar cazarola;
tempo e lume ao cocemento,
que a boca todo o controla. 


Invoca a fame, que mola
o manxar, ¡ai!, consabido,
Toca botella seguido,
Dalle trabada ao contido,
Dente con dente, que inmola
Para entobar na gaiola:
Vaille atopando o sentido.



(Rioderradeiro)


Foto: A comer conexo ou caldeirada

sexta-feira, 1 de março de 2013

que parche en pus debilite,


Punta de estoque en convite,
deixou o Papa o papado
e partiu para apartado
piramidal escondite.

Acepta, PPresi, ese envite,
date, pois, por convidado
e completa o pareado
no verso máis reputado
que o consoante permite;

deixa o país despexado,
lega o poder deturpado,
pide ao congreso o “se admite”,
PPresuntos sobres remite,
conta gaivota, e listado.

Polo anatema afastado
-en puro inferno levite-,
trincón Bar/cenas repite
a peste dun aPPestado:
-Rajoy, non vales, ¡dimite!


Que o gran PPirata vomite,
que devolva o devorado,
que parche en pus debilite,
quede o ladrón rebentado.


(Rioderradeiro)



domingo, 24 de fevereiro de 2013

Da contumaz primavera.




  A vida cos seus arroubos,
e o vaso que derramara,
e o tempo que derrapara;
eramos todos tan novos…

  Por andar tan apurado,
non pensei que me alonxara
da nenez, que me alcanzara
ser vello tan decontado.

  Foi sacudirme a deshora:
o confrontar desespera
a este home que non tolera
ver tralo espello a quen fora.

  Perdida Arcadia, quimera!,
requento inverno na noria
da contumaz primavera.

(Rioderradeiro)



quarta-feira, 20 de fevereiro de 2013

Se a cabaceira falase




  Se a cabaceira falase
das conversas que escoitou,
das colleitas que gardou,
dos amores que arrolou…,
moito secreto estourase
e mil laios destapase
das capas do corazón.


  Deus nos libre que falase,
se a cabaceira contase,
contravindo a tradición,
canta avenza trastocase,
canta lingua desbocase,
e, no silencio en sazón,
coma estilete, intrusión,
a palabra en contorsión,
con man sinistra asestase…


  Puñal sedento, a traición.

      (Rioderradeiro)


Atlas de hórreos de Galicia / Carlos Regueira Méndez ; [prólogo, Xosé M. Lema Suárez ; tradución, Claudia Regueira Mira]. Ames, A Coruña : O autor, D.L. 2017

terça-feira, 19 de fevereiro de 2013

CHÁVEZ, quebra outras mordazas

Foto: Feliz día Majunchitos! #TrincheraCreativa - COMPARTE


Por fin de volta, na espera
Para en batalla vencer,
Tés desbordado o querer
Que a túa presenza asevera.

Estás na patria, dixera
Que desbrozaches camiño,
Que desdentaches canciño,
Que destrozaches quimera.

HUGO, no aceno, acentúas
Tanto amor, que xa embarazas;
CHÁVEZ, quebra outras mordazas
Do ianqui e dos cacatúas;

CANDANGA, rompe ganzúas,
Porque TI tés mando en prazas
Que, en boa lei, perpetúas.

(Rioderradeiro)



Foto: Venezolanos celebran retorno de Chávez en plazas Bolívar de todo el país Vea más: http://bit.ly/WGofRY