Se a cabaceira falase
das conversas que escoitou,
das colleitas que gardou,
dos amores que arrolou…,
moito secreto estourase
e mil laios destapase
das capas do corazón.
Deus nos libre que falase,
se a cabaceira contase,
contravindo a tradición,
canta avenza trastocase,
canta lingua desbocase,
e, no silencio en sazón,
coma estilete, intrusión,
a palabra en contorsión,
con man sinistra asestase…
Puñal sedento, a traición.
(Rioderradeiro)
Sem comentários:
Enviar um comentário