sábado, 20 de junho de 2009

Esta NAI.



*

  Se buscas a palabra, di nai;

di nai,¡nai!, a palabra máis limpa…


O meu corazón debuxa a imaxe
e os meus labios pronuncian:

-María!



**


  Se bucas a palabra, di amor;

di amor, ¡amor!, que sabe a risas.


  O meu corazón debuxa a imaxe
e os meus labios repiten:

-María!



***



  Se buscas a palabra di sempre;

di sempre, ¡sempre!, este amor, naiciña.


  O meu corazón debuxa a imaxe
e os meus labios reflicten:

-María!



****


  Os meus labios pronuncian,

os meus labios repiten,

os meus labios reflicten

o que o corazón dicta:

-María..!



quinta-feira, 7 de maio de 2009

segunda-feira, 27 de abril de 2009

"Fontedebaixo".




Cronista muda da parroquia de Louro:¡Cantas historias! ¡Cantas lerias! ¡Cantas murmuracións! Se as pedras falasen...

quarta-feira, 22 de abril de 2009

Antigo Testamento



Aínda sen asinar a súa partida de defunción.

Non houbo malos tratos; pero, coño, tralos servizos prestados, si que serían merecentes dun mellor retiro, dunha vellez máis digna, máis decente...