*
Se buscas a palabra, di nai;
di nai,¡nai!, a palabra máis limpa…
O meu corazón debuxa a imaxe
e os meus labios pronuncian:
-María!
**
Se bucas a palabra, di amor;
di amor, ¡amor!, que sabe a risas.
O meu corazón debuxa a imaxe
e os meus labios repiten:
-María!
***
Se buscas a palabra di sempre;
di sempre, ¡sempre!, este amor, naiciña.
O meu corazón debuxa a imaxe
e os meus labios reflicten:
-María!
****
Os meus labios pronuncian,
os meus labios repiten,
os meus labios reflicten
o que o corazón dicta:
-María..!
3 comentários:
cando te vexo na foto e recordo a miña infancia. Unha espiña bate con forza contra o meu interior, facendo aflorar o sentimento que me gardo para ti.
Bicos abuela .........................................
Preciosa!!!
Siempre con nos! Canto vacío nos deixaches!🥺♥️♥️♥️♥️
Enviar um comentário