sexta-feira, 28 de novembro de 2008

¡BIG BANG..!







Grazas á lei do “big bang”,

Cae da figueira a breva,

Recorta o bigote Aznar,

Baixa Bush os pés da mesa...,

A noite devén mañá,

Goberna a lúa as mareas,

Canta o grilo na camposa,

O inverno esquece ao verán,

E o verán esquece á prosa,

Vive do sol e da rosa,

Do vento,

Do monumento,

Da montaña e mais do mar...




Se o Salas fose pintor

No canto dunha mofeta,

Pintaría en bicicleta,

Subindo polo ascensor,

Unha gaita e un tambor,

E un termómetro extintor

Das febres dun mal profeta:


¡Big bang..!

Os ceos contaminou.




Penteou cabelos Salas

Co machado de Nerón;

No pelo fixo unha raia

Moi xentil, ben apañada;

Abriulle un ventilador

Ao calcetín do cerebro;

Profesou botafumeiro

Do ASnar e do rapeiro

Don Mariano Rajoy;

Sentou praza non torreiro;

Pintou de “incenso” o lumeiro:

Os ceos contaminou...

AVE DE PAPEL TIMBRADO.





É forte en ortografía;


Historiador consumado,


Fabulador asociado


Ao sabor da naftalina:


Rato lector do pasado,


El salvou a astroloxía


Mediante a fe no meigallo


Imperial da NEuROnía;


Un peixe fundamentado


Nos segredos da cociña


Do cociñeiro Arguiñano;


Coma bombeiro, incensario


Familiar da gasolina;


Un luthier da economía


Conselleiro de Traballo


Ou Ministro na Arxentina.






Este indiano tan honrado


Atracou por Portisín


Laureado gachupín,


AVE de papel timbrado.


________(Rioderradeiro)_______________

SEXA O VIVIR ESPERAR.







Fose o do mazo formiga,

No canto de ser cigarra;

Fose o oxectivo gardala,

Sen cortar a sintonía;

Fose o comer mal dun día,

Compartir, mala xornada;

Fose o todo igual á nada,

Competir, motor da vida;

Fose o bigote unha espada,

O seu dono un capitán;

Fose o peto, gran a gran,

Inflamando en grande espiga;

Fose hoxe sempre mañán,

Cabaceira ateigadiña;

Fose o vivir aforrar,

¡Aforrar..!, que nos bendigan

Con un carozo sen pan.

UNHA PANTASMA QUE FALA.





Doe a ferida infectada

Ao enfermo que a negou,

Ao necio que a sepultou

Con artes cataplasmarias

Indignas de ser chamadas

Panacea e curación…


Doe o mal que medra e chaga,

E afonda, cando avasala,

Polas canles da traición

Iso que chama razón

O Nerón das labaradas,

Afamado campeón,

Deslinguado fanfarrón

Da GaliZa desleigada,

Un pallaso de cartón,

Unha mala imitación,

Un catarro, o xarampón,

Un cateto, unha empanada,

Un corte de dixestión,

Un espectro, unha pantasma,

Un diaño toleirón…

__________________________