segunda-feira, 17 de novembro de 2008

MEIRÁS: PAZO DO SANTO GUERREIRO.


__________________________________________________________________________________



Os do pazo, os do pazo…
Os do pazo pacen ben:
Antes, porque manda Franco;
Hoxe, sen Franco, tamén.

Polo si ou polo non,
¡quirieleisón !

Despois de domar España,
Faltáballe ennoblecer
Nun pazo de gran prosapia,
Con divisa de cuartel.

Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!

E a par de guerreiro, santo;
Pois el santo quixo ser,
Nas igrexas, venerado,
San Francisco Franco. ¡Amén!

Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!

Os do pazo, os do pazo…
Os do pazo xa vos ven,
Coma entón, axeonllados,
Nas capelas do PePé.

Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!

Os do pazo, os do pazo…
Os do pazo pacen ben:
Antes, porque manda Franco;
Hoxe, sen Franco, tamén.

Polo si ou polo non,
¡quirieleisón!

(12/09/07)

QUEN TE QUECERÁ, MENIÑO?

Resultado de imaxes para belen franciscano
(Belén con pezas dos séculos XVII ao XX , en Santa Clara de Zafra, Badaxoz)

  Se o Neno Xesús nacese,
decembro, na madrugada,
dádelle albricias ao vento,
pregoeiro a pregoalas...
Se o Neno Xesús nacese...

  -Meu coitado, meu meniño!,
quen te quecerá nas pallas?


  Se o vento dá a Boa Nova
e os pastores a escoitaran,
se os Magos, cos seus presentes,
o adoran e o agasallan...
Se o Neno Xesús nacese...

  -Meu coitado, meu meniño!,
quen te quecerá nas pallas?


  Se o Neno Xesús nacese,
folerpa de neve, branca,
branca sobre branco berce
e sobre o brancor, xeada...
Se o Neno Xesús nacese...

  -Meu coitado, meu meniño!,
quen te quecerá nas pallas?


  Se a folerpiña de neve
devén divina ao pousala,
transmutada no Meniño,
se os anxos cantan e o gardan...
Se o Neno Xesús nacese...

  -Meu coitado, meu meniño!,
quen te quecerá nas pallas?


  Anxos, Pastores e Magos,
Eles saberán quentalo?

  -Ou mula..., ou boi -contra vento..!-,
co voso alento alentado!


    (Rioderradeiro, 1-01-05)