segunda-feira, 17 de novembro de 2008

o puñal.





_______

(Comentario a unha imaxe cómica dun delfín sulcando o mar na compaña dunha vaca)

___________


Un delfín quixo ser touro...,

E comenzou a labrar:

Sulcou o mar como as leiras

No tempo de sementar.




Ao delfín quixo ser touro...

Faltaballe ...-¡non o puido remediar!-

Aquilo que os touros gardan

Na vaíña..., ¡cal puñal..!


(VIGO, 10-3-06)
_________________________________

É TEMPO DE COLLEITAR.

_______________


¡FÓRA DA ROSA AS ESPIÑAS!
________________________




_____________




É tempo de rexeitar

Sombras de arelas e espiñas

Que o devalo da marea

Pousou na mallante, enriba.



É hora de peneirar

A moenda das espigas:

Meter nun saco o farelo

E neste saco, a fariña.



¡ Peneirar e peneirar..!

Co fío das nosas vidas,

Ir tecendo e destecendo

Teas de arelas e espigas.


É tempo de colleitar

Os froitos, coas súas pebidas;

Libera-las novas xeiras

Doutras sementes cautivas...



Que o devalo da marea

Pousou na mallante, enriba...


Meter nun saco o farelo

E neste saco, a fariña...



Ir tecendo e destecendo

Teas de arelas e espigas...



Libera- las novas xeiras

Doutras sementes cautivas...



Xa é hora de proclamar:

-¡Fóra da rosa as espiñas!



(Muros, 17-o8-o5, tralo gratificante reencontro do día 12, cos “irmáns herbonenses”, en Salamanca)


__________________________________

A RAÍÑA "NA EIROA".

O L I M P I A D A,






Vive, empanado, un vighés,

No Calvario, onda a Dobrada,

No seu cerebro, enquistada,

Presa do facho chinés,

Do dereito e do revés,

Por queimazón, a almorrana,

Reghalo do Corte Inglés

A final de temporada,

Por animar a Olimpiada

“Optimamente” outra vez.

__________________

FLOR DE “SALES”: UN SALIÑO….



( O "Sales" escolleu un camiño "artístico" distinto ao que predica a ponte. Aproveitou, iso si, un rato que por alí pasaba, para correr tras del ata o furado )
__________________________
FLOR DE "SALES": UN SALIÑO.
___________________________


Boina-rato, rabo ou timo,

Coello na coelleira,

Caghalla na caghalleira,

-¡Nunca rosa nin roseira!-;

Aperta arnal do ladrillo,

Baghazo que negha amighos,

Refughallo das lareiras,

Impostor da primavera;

Os pés chantados no EURíbOr,

Flor de Sales: un saliño

Gran salvador da lamprea,

Da auga que quer ser viño

Nas cubas de “Pata Neghra”

Co seu nome e os apelidos.

_____________