terça-feira, 4 de novembro de 2008

UN PREGÓN PARA A PAZ

OS IR/RESPONSABLES DA DESFEITA ACTUAL EN IRAQ.








UN PREGÓN PARA A PAZ
__(2005)_______________________




Benqueridos amigas e a migos:



¡PAZ!

Palabra maina e tenra, agarimosa e doce...
Suscitadora da tranquilidade de espírito
e promotora da esperanza.

¡PAZ!

Principio e fin da felicidade,
da plenitude do noso ser;
porque sen ti somos “nada”
e estamos como navíos á deriva.
Precisámoste para encher de significado
as nosas vidas baleiras
e para logo coller rumbos axeitados
nas singraduras do porvir.

¡PAZ!

Cando te penso, tomas corpo en min
e comprométesme no obrar.
En canto te pronuncio, ¡Paz!,
cando te pronuncio,
entón véxome no papel de mago-feiticeiro
invocador dos portentos
que logo han tomar corpo de POMBA
nacida do fondo da chistera.


¡PAZ!

Co debido respeto, en confianza,
postos xa no escenario do teatro do MUNDO,
a modo e maneira de espectadores
á espreita do milagre da paz,
digo unha e mil vices o teu nome,
empurrado pola necesidade de ti,
e agora mesmo, diante desta magna asamblea,
ó mentarte, éncheseme o ánimo de harmonía
e seméllanme abertas as portas da TERRA,
a dar entrada xenerosa a canto hai de positivo en ti,
pero tamén en min, é dicir, en NÓS, EN TODOS...

¡PAZ!

Imaxínote no sempiterno renacer das horas e dos días, meniño recén nado, agora, co seu pan debaixo do brazo, como reza o refrán. Toma, pois, folgos nesta nova andadura do 2005;
brinca ceibe de valado en valado,
de país en país, de continente en continente;
remove as conciencias;
prende o lume sagrado no corazón dos homes
para que esa luz ilumine o camiño da salvación humana... ¿Qué digo? Máis que correr, ¡voa coas alas de esperanza, á conquista urxente do futuro feliz!


¡PAZ!

Chámote, reclámote e invócote con tono solemne e grave;
tómote nas mans, -consagradas pola vontade común
dos aquí reunidos, e tamén dos ausentes -,
lanzo este teu corpo de POMBA mensaxeira
para que a túa esencia e presencia
acade os recunchos máis esquencidos,
os lugares máis afastados
do PLANETA.


¡PAZ!

Non canso de repetir o teu nome;
pero tamén digo:

¡PALESTINA! ¡IRAQ! ¡AFGANISTÁN!
¡ÁFRICA! ¡ASIA!....

...A HUMANIDADE SUFRINTE A CAUSA DAS GUERRAS, DOS DESASTRES NATURAIS E DAS INXUSTIZAS...

Agora, todos comigo:

¡PAZ! ¡PAZ!.......

N V
PAZ para TODOS.
S S

SALPICÓN DE MARISCO




SALPICÓN DE MARISCO
___________________

(Para celebrar a apostasía oficial do cobrador do frac
e demais libertadores lingüísticos da lamprea)



Gastador de profesión,

Cunha pala e cun bo pico,

Vexo marcial ao Nerón

Desfilar na procesión

Da cega man do nabizo,

Cambiarlle o paso ao menisco,

Profesar de basilisco

E oficiar de enterrador

Do noso idioma “galiZo”,

Dignificando a traición,

Na avenida do Cantón,

Cun salpicón de marisco.

POLO OLLO DE NON VER.

Foto de Reyes Benoit.
(Foto Reyes Benoit)


  Tanto cabalgar corcel,

tanta mendaz desventura,

tanta montaraz cultura,

tanta murcha mordedura,

tanto tecer-destecer,

tanto plasmar no papel...


  O cantar da pechadura

quere, pretende impoñer

a pegada do deber

patentando ferradura

cun remache de cordura

polo ollo de non ver.


  Canto eu, cego, hei debecer,

canto este ego hei retorcer,

canto hei pescudar no escuro,

canto hei petar contra muro,

canto hei carrexar, canguro,

canto hei labrar padecer..?


  Por mortal, pinto, penduro

a sede que hei de beber.

   (Rioderradeiro)

Foto de Reyes Benoit.
(Foto Reyes Benoit)

LAMBECÚS AO CONTADO.

LAMBECÚS AO CONTADO.
______________________________


Escritor de “h/ayer” con hache,

Capador do o “h/oy” que o leva,

O xastre de sol e sombra

Disque cociña as filloas

Ortográficas á pedra

Por devoción ao encaixe

De innovación nas lareiras.


Pirómano das mareas,

Bailarín de cambalaches,

Tanguista nunha regueifa,

Tamén matina de noite

Nas fórmulas raposeiras

De traballar mentres dorme,

De velar cando sestea.

Un NERÓN mal encarado,

Un pirómano encastrado

Nunha mosca colloeira,

Sempre da servil maneira

-Imantación dun mal fado-,

Impertinente e groseira

Lambe-coños e carallos,

Infesta das parrumeiras,

E tellados.

A MIÑA ROSA.



(Foto de Reyes Benoit)


  Hai rosas de silabario
nas camposas e silveiras;
hainas de moitas maneiras,
sen dono, sen usuario...

  Hainas de xardín, á beira
de arrogante faldriqueira;
hainas de papel pintado,
estampadas nun murado;
hainas, profesando angueira,
a carón dunha cadeira,
embigo de relicario,
en aras dun ventre oufano.


  Pero a rosa que máis amo,
a que a min máis me desvela,
ten de rosa verdadeira
que non se compra ao contado,
que non renuncia á roseira,
que te apreixa e te embebeda,
feiticeira, co seu halo;
primor de espiña..., o regalo.


   (Rioderradeiro)


(Foto de Reyes Benoit)