terça-feira, 4 de novembro de 2008

UN PREGÓN PARA A PAZ

OS IR/RESPONSABLES DA DESFEITA ACTUAL EN IRAQ.








UN PREGÓN PARA A PAZ
__(2005)_______________________




Benqueridos amigas e a migos:



¡PAZ!

Palabra maina e tenra, agarimosa e doce...
Suscitadora da tranquilidade de espírito
e promotora da esperanza.

¡PAZ!

Principio e fin da felicidade,
da plenitude do noso ser;
porque sen ti somos “nada”
e estamos como navíos á deriva.
Precisámoste para encher de significado
as nosas vidas baleiras
e para logo coller rumbos axeitados
nas singraduras do porvir.

¡PAZ!

Cando te penso, tomas corpo en min
e comprométesme no obrar.
En canto te pronuncio, ¡Paz!,
cando te pronuncio,
entón véxome no papel de mago-feiticeiro
invocador dos portentos
que logo han tomar corpo de POMBA
nacida do fondo da chistera.


¡PAZ!

Co debido respeto, en confianza,
postos xa no escenario do teatro do MUNDO,
a modo e maneira de espectadores
á espreita do milagre da paz,
digo unha e mil vices o teu nome,
empurrado pola necesidade de ti,
e agora mesmo, diante desta magna asamblea,
ó mentarte, éncheseme o ánimo de harmonía
e seméllanme abertas as portas da TERRA,
a dar entrada xenerosa a canto hai de positivo en ti,
pero tamén en min, é dicir, en NÓS, EN TODOS...

¡PAZ!

Imaxínote no sempiterno renacer das horas e dos días, meniño recén nado, agora, co seu pan debaixo do brazo, como reza o refrán. Toma, pois, folgos nesta nova andadura do 2005;
brinca ceibe de valado en valado,
de país en país, de continente en continente;
remove as conciencias;
prende o lume sagrado no corazón dos homes
para que esa luz ilumine o camiño da salvación humana... ¿Qué digo? Máis que correr, ¡voa coas alas de esperanza, á conquista urxente do futuro feliz!


¡PAZ!

Chámote, reclámote e invócote con tono solemne e grave;
tómote nas mans, -consagradas pola vontade común
dos aquí reunidos, e tamén dos ausentes -,
lanzo este teu corpo de POMBA mensaxeira
para que a túa esencia e presencia
acade os recunchos máis esquencidos,
os lugares máis afastados
do PLANETA.


¡PAZ!

Non canso de repetir o teu nome;
pero tamén digo:

¡PALESTINA! ¡IRAQ! ¡AFGANISTÁN!
¡ÁFRICA! ¡ASIA!....

...A HUMANIDADE SUFRINTE A CAUSA DAS GUERRAS, DOS DESASTRES NATURAIS E DAS INXUSTIZAS...

Agora, todos comigo:

¡PAZ! ¡PAZ!.......

N V
PAZ para TODOS.
S S

Sem comentários: