En butaca preferente, á beira de San Francisco, dúas terrazas. Albisco, en comisión permanente, recalcitrante menisco de persoal competente subir ao bar ao impaciente; que, en canto á boca, é promiscuo o dente concupiscente, da queixada, basilisco: refrescos, tapas, marisco... servidos por oferente e gorentados, sen risco, baixo dA PARRA, o cliente.
Moqueta sobre areas movedizas, esta cadeira é trono de portada; transvasada, a traizón, de mans postizas a gloria evanescente deturpada. Ledicia..., decepción... Trala primicia, o bipolar silencio da bancada: lacerante no reino da presbicia, lenitivo no lar da barricada. O impulso de exclamar: ¡que desatino!, o impropio de aceptar que ninguén sabe, o impacto de inferir que sorte cabe ao cuarteto que encorda ao concertino. E, sen embargo, impuxo un inquilino contrario a devolverlle aquela chave... da Caixa de Pandora, solfa en clave de Muros de San Pedro en andantino.
(Antón Lameiro) Non ha xogar sorte aos dados nin tampouco ao dominó; en prego para atestados, deseñou pasos contados, versallescos, controlados polo estilo rococó. Tódolos desconsolados ficarán condecorados nas agullas do "reló". ¡Vive Deus!, tempos maduros non poden romper máis Muros nin portas de Xericó.
******************
Non o receita un galeno. ____________________
Nunha nota marxinal guindada contra dereito, apuntou cuarteto ao peito da Casa Consistorial. ¿Demencia en dose letal?, ¿un contubernio a barbeito?, ¿vendavalada no teito?; ¡pinchacarneiro total..! Galano en Municipal, unha manobra sen xeito, unha monada de feito, vestida de carnaval. O mel que oculta o veleno non o receita un galeno.
Co corazón escribo. É cousa dura. É dura de pelar a despedida. É dura de tapar ampla abertura, que abrolla torrencial esta ferida. Co corazón esculpo unha escultura, esencia dunha estampa inmaculada; dorido divagar, que desventura manterte na memoria... imaxinada! Albíscote, no Edén, xa no regazo onde te acolleu Deus como é debido; por iso o teu ladrar foi promovido coma expresión de fe de fondo trazo. SÚA, fiel e formal, pura, gloriosa, na eternidade, amor, máis relixiosa.