quinta-feira, 11 de junho de 2015

Na eternidade, amor, máis relixiosa.



  Co corazón escribo. É cousa dura.
É dura de pelar a despedida.
É dura de tapar ampla abertura,
que abrolla torrencial esta ferida.

  Co corazón esculpo unha escultura,

esencia dunha estampa inmaculada;
dorido divagar, que desventura
manterte na memoria... imaxinada!

  Albíscote, no Edén, xa no regazo

onde te acolleu Deus como é debido;
por iso o teu ladrar foi promovido
coma expresión de fe de fondo trazo.

  SÚA, fiel e formal, pura, gloriosa,

na eternidade, amor, máis relixiosa.

        (Rioderradeiro)


3 comentários:

oxiestas disse...

Dói verse ir os amigos fiéis. Unha aperta.

Unknown disse...

Seguro que onde este, estará a xocsr ca sua veciña a PESCA

Tuco disse...

Si ese supremo existe ben sabemos logo que el esta agora na sua diestra, Moito o sinto