Vinde ver en panorama,
desde Marcote a Lagar,
un submarino
alancar
por Rebordiño
en pixama.
Víndeo ver, ben
reclama
e merece unha
postal,
en MUROS, nun soportal
e na casa aos
pés da cama.
Víndeo ver parolar
o periscopio da almea
co Muíño da Marea,
coa Virxe, coa Acea,
coa Virxe, coa Acea,
coa Cerca...., cos do bar!
Víndeo ver
divulgar
o seu saber de
balea,
o seu sentir de
serea,
mil bengalas sobre area,
mil bengalas sobre area,
semente de divagar.
Semente de divagar,
unha cana de pescar,
no peirao, é panacea.
(Rioderradeiro)