(Nieves Formoso Vidal)
Pola secura, a
desgana,
turistas, coma
camelos,
desfilan en
caravana,
de anfiteatro a
castelos,
ata a raíz dos
cabelos,
reconquista
castelana,
ás costas do
mar aberto,
con escudo e
con catana,
todo argüído e
cuberto
e resumido en
acerto
polo doctrina
cristiana;
á sombra dunha espadana,
abro os oídos, desperto,
escoito o canto liberto
da Galiza
soberana
que só lle debe
ao deserto
ignominia e
mala saña,
conquistadores ladinos,
fracasados asesinos
do imperialismo
de España.
(Rioderradeiro)
(Nieves Formoso Vidal)
Sem comentários:
Enviar um comentário