quinta-feira, 2 de maio de 2013
Sabia lección dun demente.
Ao inefable tertuliano de https://www.facebook.com/groups/Queredores/,
M.C.L. (Code Lourenzo, entre amigos), dono da pedra filosofal
que nos ha sacar do paro e da pobreza.
Cando Code fala afina,
aprofunda e fundamenta,
préndelle luz, salpementa
a razón con brillantina;
corre Lourenzo a cortina
e queda en SOL permanente:
Foxe ignorancia supina,
sabia lección dun demente.
(Rioderradeiro)
Epicuro é boa xente,
Epicuro é boa xente,
non fixo mal a ninguén
inculcando a cadaquén
como armar mente con dente.
(Rioderradeiro)
sexta-feira, 26 de abril de 2013
Véselle ao mozo o plumeiro.
"Chapeu e
gabán escuro,
xesto cómplice,
sorriso
-a falar claro-,
remiso,
discípulo de
Epicuro."
................................
(Manuel M. Caamaño)
Véselle ao
mozo o plumeiro:
Para engalanar
a idea,
sobre cachola,
corchea;
dun adival
prisineiro,
o seu chapeu
sobrancea.
Sobrancea o
seu sombreiro
en función de
cheminea,
cobexa croca,
avanea,
coma corvo largarteiro
de vixía e
de albacea.
Albacea ao
pensamento,
por se expresar
devanea,
engaiola o
sentimento;
se puider
zarpar no vento,
perderlle
aprezo á cadea...
(Rioderradeiro)
terça-feira, 9 de abril de 2013
Como convén á utopía.
y, como en estos versos se comenta,
en el día de hoy cumplo noventa
y por lo tanto soy nonagenario".
..............................................
(Manuel da Roura)
http://farinaefarelo.blogspot.com.es/
Madureceu. Que consello
dimana desta figura!,
como desprende finura
que, en puridade, é vencello!
É maior. Quen dixo vello
ignora que cos noventa
atesoura e fundamenta
vivir de costas ao espello.
Son moitos anos -diría
o pesimista, por vicio-;
por que ha deterse o rodicio
co gran da sabiduría?
co gran da sabiduría?
Faciana nobre; é patricio
-fermenta o crono empatía!-;
Manuel da
Roura, propicio
a abandeirar xentilicio…;
a abandeirar xentilicio…;
Que nos convén a utopía.
(Rioderradeiro)
Subscrever:
Mensagens (Atom)